Libriños interesantes
Hoxe apetecíame escribir algo relacionado con libros que fun descubrindo ao longo dos anos os cales me resultaron moi interesantes e me parecen máis que recomendables. Citalos aquí algúns en orde cronolóxica de como os fun atopando:
1. O descenso do derradeiro ocaso, Ángel de la Cruz. Unha pequena novela chea de acción ben encaixada que vai contando a historia de dúas periodistas da Televisión de Galicia que se dirixen a Trasomundo da Cancela para facer unha reportaxe sobre o culto á morte. Na súa estadía alí coñecen a divertidas, peculiares e insólitas persoaxes que darán paso a acción, intriga e sexo.
2. Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz. Unha novela moi interesante de (case) lectura obrigatoria cargada de intriga. A historia que desenvolve avanza da man de cartas do irmán da narradora, o escritos Xabier Louzado, mediante as cales o lector se introduce de cheo nos acontecementos que na nova do escritor se van sucedendo.
3. Pantasmas de luz, Agustín Fernández Paz. Unha novela de base social que reflexa a vida dunha parella, Damián, de 53 anos; e Marga, tras o seu home quedar sen emprego no cine que traballaba e como pasan a ser “pantasmas” ante a sociedade, tocando así a exclusión social no mundo actual.
4. Cólera, María Xosé Queizán. Poemario en lembranza das folgas e loitas que se desencaedaron nas últimas décadas do franquismo que provocaron mortes, encarcelamentos e mesmo o exilio. Este poemario, aínda que escrito pola escritora, sitúase dende o punto de vista masculino pois elas non decidían, plasmando a cólera de quen está doblemente oprimida.
5. Resistencia, Rosa Aneiros. Unha novela única que aborda o tema político e social durante a ditadura de Salazar e Caetano, en Portugal, ata a revolución dos caraveis. Esta historia cóntase por medio de dúas persoaxes, Dinís e Filipa, que artellaran unha historia de resistencia e loita política ao tempo dun romance entre ambos.
6. Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, Colectivo Ronseltz. Poemario vangardista nacido da tinta do colectivo formado por Xoán Carlos Rodríguez, Manuel Cortés, Miguel A. Montes, Serxio Iglesias e Xabier Cordal que se disolvería pouco despois da publicación.
7. As mulleres do monte: lembranzas e pantasmas dun neno da posguerra, José Antonio Gurriarán. Esta obra narrativa-ensaística rescata as memorias do propio escritor de cando era neno, testigo inconsciente do acontecido, así como as de testigos en primeira persoa, descubrindo o importante papel que as mulleres xogaron no bando dos maquis, proporcionando refuxio, apoio, comida e servindo de enlaces.