24 de febreiro de 1537

Hoxe chegamos a atoparnos co capitán Rosacuras, el tiña coñecido a Borabuso, foi un gran avance para a min e a miña tripulación. Tras dous meses de pescudas temos unha mínima pista para poder ir poñendo o compás sobre firme nas cartas náuticas.

stack-letters-447579_1920.jpg

O capitán contoume que moito antes de desaparecer realizara un par de traballos co temible corsario, mais que dende que puxo rumbo ao Índico non o volveu a ver nunca. Non sabía o seu destino, pero o noso home díxolle que poría a proa dirección a unha illa que non aparecía xa nas cartas náuticas modernas, pero si nas de seu avó.

Era un dato interesante, se cadra deberíamos por rumbo ao Índico mais non sabemos camiño nin carreiro polo cal navegar. Mañá partiremos xunta dun vello amigo, quen seguro que nos poderá contar algo máis sobre as peculiares cartas náuticas do avó de Borabuso.