27 de febreiro de 1537

Chegamos a terra. O vello Muganegra recibiunos tan alegremente coma sempre, é un pracer poder compartir vivenda con el.

hut-2017964_960_720

Conteille o que Rosacuras nos contara sobre os mapas náuticos do avó do home ao que buscamos. Así que acabei quedou sentado sen moverse nin o máis mínimo, parecía non sorprenderse e no fondo intrigábame bastante esa reacción. Quedou todo no máis completo silencio durante uns minutos, logo ergueuse da súa chirriante cadeira e díxome que agardase onde me atopaba.

Minutos despois apareceu cun pequeno rolo de pergameo, estirouno sobre a mesa, era unha carta náutica, e fixo un círculo co seu dedo preto de Australia, pero todo aquelo era auga. Ao parecer era alí a onde o corsario de dirixira había cousa de meses atrás.